Club

HISTORIA DUN GRANDE DO FÚTBOL VIGUÉS

  • No ano 1919 nace o primeiro equipo de futbol no barrio de Casablanca. Aquel grupo de entusiastas do novo xogo do  foot ball que por aquéles anos comenzaba  chamóu a aquel equipo  PENINSULAR   C.F., de Casablanca, comenzando asi unha traxectoria que hoxe e case que centenaria no barrio.
  • No verán de 1931 o fotógrafo vigués  SANCHEZ  OCAÑA, forma un proxecto mais serio e inscribe o  CLUB DEPORTIVO OCAÑA CASABLANCA, que foi presidido posteriormente por  José  Cortegoso ata o ano 1952.
  • En 1950 fusiónase co  C.Celta de Vigo e  compite co nome de  R.C. CELTA  CASABLANCA,  na  Serie A  ata  o 1954, ano no que foi  campión de  Copa
  • De 1954  a  1958  non  participou en ningunha competición por atravesar  graves  problemas  económicos, tras que o R.C. Celta deixase unas deudas imposibles de asumir polos nosos directivos.
  • En 1958 o clube foi refundado por ARMANDO CAJARAVILLE MACÍAS,  co nome actual de  SAN ROQUE  CASABLANCA.   CAJARAVILLE  dirixiu  ininterrumpidamente a entidade ata o seu falecemento en 2.004, propiciando unha das etapas mas fructíferas do Clube, nos seus  48 anos de Presidencia, marcando un fito histórico na cidade.
  • En 1960 o Clube crea as seccions de balonman masculino e feminino.
  • O CLUB SAN ROQUE CASABLANCA acadou importantes éxitos nas competición dos modestos de Vigo, nas que participou ata a tempada 1991/1992. As competición dos modestos de Vigo desaparecen no ano 1992 e is conxuntos vigueses pasan a xogar na Terceira de Galicia, categoria na que o SAN ROQUE CASABLANCA participa dende os ultimos años
  • En 1999 concédese  a insignia de ouro e brilantes do Clube a  Juan Lago Perez, en recoñecemento a o seu  traballo nas categorías inferiores como coordinador durante 23 anos
  • A partires do ano 2.000 a entidade  organiza regularmente no mes de Xuño o Torneo ARMANDO CAJARAVILLE, na honra deste persoeiro ilustre do Clube,  torneo que é seguido masivamente pola sua popularidade pola maioría dos clubes da cidade, participando ademáis moitos equipos de fora da nosa Comunidade
  • En 2.004 accedeu a Presidencia de honra o dirixente de maior  idade da xunta,   D. EDUARDO GARCÍA CABRERA, cargo  que desempeñou ata o se falecemento
  • No mesmo ano 2.004, tralo falecemento de D. Armando Cajaraville, foi elixido o actual presidente  JUAN  LAGO  PEREZ
  • En 2.008 concedéuse a insignia de plata do clube a o xogador Juan José Codesido Sampedro (JUANJO) en recoñecemento a sua dilatada  e exemplar traxectoria e amor as cores
  • En 2.010 concedéuse a insignia de ouro do Clube a os adestradores Severo Fernández Bello (SEVERO) e Pablo Oubiña Meléndez  (PABLO) pola súa adicada e inquebrantable laboura e amor as cores do noso futbol base.
  • En 2.010 accedeu a Vicepresidencia da man do actual presidente D. JOSE  ANTONIO  MARTINEZ  GARCIA
  • En 2.011 impúxose a insignia de ouro do Clube a o xogador Roi Rodriguez  Silva (ROI) , en recoñecemento a su exemplar traxectoria deportiva e de amor as cores, con motivo da súa retirada, tras 25 anos a o servizo do Clube
  • En Setembro de 2.016 faleceu os 84 anos un dos nosos millores directivos : Eduardo Garcia Cabrera, que ocupaba nese intre a Presidencia de honra do Clube, e era responsable ademáis da sección feminina, tras mais de 50 anos de adicación as nosas cores.
  • En Xuño do ano 2018 impúxose a insignia de ouro do Clube a o Coordinador Deportivo David Fernández Sousa pola sua dicicacion o Club durante moitos anos. No ano 2019 foi nomeado Director Deportivo do Club.

LOGROS  DEPORTIVOS MÁIS  SALIENTABLES:

1952 -53      

Campeón liga  y Copa Vigo    Serie  A  Aficionados

1953-54      

Campeón Copa Vigo    Serie  A  Aficionados

1984 -85      

Campeón  Liga  1ª  División local     Aficionados

1984-85      

Subampeón  Copa  1ª División Local   Aficionados

1984-85      

Campeón  2º Trofeo Faro de Vigo    Aficionados

1984 -1985      

Subcampeón trofeo  Campeón de Campeones     Aficionados

1996-97-98-99    

Campeón  liga y copa   Pre-benjamines  (F. Sala)

1996-05      

Campeón en diversas ocasiones de:  Benjamines, Alevines, Infantiles y Cadetes

2001-02      

Campeón  Trofeo Faro de  Vigo – Caixanova   Benjamines

2002 -03    

Campeón  Torneo Internacional    VIGOCUP   Benjamines

2004-05      

Campeón  1º Trofeo   F. base   R.C. Celta de Vigo  Pre-Benjamines

2005-06      

Campion  Torneo Internacional    VIGOCUP   Pre-Benjamines

2007-08      

Campion  Torneo Internacional    VIGOCUP   Benjamines

2007-08      

Subcampion    Internacional  VIGOCUP   Mini- Benxamins

2011 – 2012      

Ascenso  a  liga  Galega   Femenino  Senior

2012 – 2013      

Ascenso  a  liga  Galega   Cadetes

2012 -13      

Ascenso a liga  Provincial Alevines

2013 -2014     

Ascenso a liga  Provincial Infantiles

2015-2016     

Ascenso a liga  Provincial Juveniles

2017-2018

Prebenjamines Campeones de Liga y Copa

FIGURAS

Catro, de entre os seus  millores  xogadores,  conseguiron alcanzar a profesionalidade e xogar na  1ª División nacional española:

 

JOAQUIN FERNANDEZ SANTOMÉ  (QUINOCHO), alcanzou o a 1ª División Nacional ó fichar polo R.C. Celta de Vigo, onde xogou moitos anos.

Despois da súa etapa como xogador, chegou a ser xerente  do mesmo, falecendo  asasiñado no leal exercicio do seu cargo, nas mesmas  oficiñas  do estadio municipal de  Balaidos o dia 20 de Outubro do ano 1988,   data  de luto para todo-los celtistas.

O memorial Quinocho, organizado polo R.C.Celta no verán de cada ano, rende xusta  homenaxe a  este  querido  e lembrado  xogador Celtista e Casablanquista

 

 

 

 

 

ALEJANDRO LAGO (LAGO), o popular  “Jandrito”  xogou no  CASABLANCA , ALONDRAS C.F. , GRAN PEÑA, . ,  e alcanzou a   1ª División  Nacional a o fichar no  R.C. CELTA  DE  VIGO  e  anos  dispois,  no  REAL  MURCIA  C.F., seguiu a sua traxectoria no LLEIDA, AROUSA, ARENTEIRO, e voltou o AROUSA os 36 anos.

 

 

 

 

 

 

 

 

ANGELA MARTINEZ Alcanzó la Superliga  femenina, debutando con 16 años jugando en la filas del Rayo Vallecano de Madrid, club no que permaneceu ata o ano 2012.

Nas tempadas 2012/12, ata 2016/17 fichou polo Madrid CFF

Os ultimos años 2017 ata o 2019 xogou nas filas do Samper.

 

 

 

 

 

 

 

JOHNATAN CASTRO  OTTO    (JONNY)   alcanzou  a  1ª  Nacional  co  REAL  CLUBE  CELTA DE VIGO  a os  18  anos  na tempada 2.012-2.013,  tras ser Campion de Europa ca  Selección  Nacional Sub 19   no    verán  de  2.012,   sendo  asimesmo  seleccionado  ca  Selección  Sub 20  en 2.013.      Recibiu  en 2.013 , con 19  anos,  o  premio  a o  millor  deportista  promesa  vigués.   Foi Seleccionado e disputou asimesmo todolos partidos ca Selección Sub 21 dende 2.014